Proxecto

Proxecto

Este é un proxecto de recuperación da memoria que pretende divulgar e poñer en valor as testemuñas das mulleres traballadoras do mar, gardar os seus relatos, que achegan fontes de información sólidas para configurar a nosa historia. Coñecendo a vida das mulleres do mar a través dos seus oficios, poñendo de manifesto o papel estratéxico da muller no proceso extractivo, transformador e comercializador dos produtos do mar, resaltando a súa aportación e recoñecendo o seu esforzo, que a configuran como un piar esencial dentro da comunidade mariñeira.

Arquivo de relatos vivos e inesquecibles.

Dende as áreas de cultura e turismo do Concello de Muros, coa colaboración do Xacobeo 2021, estamos a traballar sobre o tema “A Muller, os Oficios do Mar e a súa repercusión no Camiño”, sumándose a esta recompilación de información A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS A OSTREIRA DE ABELLEIRA, que da man do seu presidente nos sorprende cun Oficio, duro e moi pouco coñecido, o das CARGADORAS, que foron protagonistas nunha época desta parroquia de Muros, por ser as que traballaban no serradoiro de Surribos, súmase así mesmo A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS OS HÓRREOS e a ASOCIACIÓN DE MARISCADORAS DE MUROS. Agardamos poder contar coa colaboración de moitas máis persoas e entidades e construír entre todas un arquivo de relatos vivos e inesquecibles.

Nesta páxina, que pretendemos vaia medrando pouco a pouco, aparecerán cada certo tempo novos contidos que nos permitan ir vivindo cada oficio; e neste proceso de medrar a colaboración é imprescindible.