A MULLER DO MAR
Recuperación da memoria das mulleres traballadoras do mar
A muller do mar tén unha importancia non recoñecida nin valorada. Por iso buscamos divulgar e poñer en valor as testemuñas destas mulleres, gardar os seus relatos, que contribúen e achegan fontes de información sólidas para configurar a historia esquecida. Se os arquivos documentais conteñen os datos, nós pretendemos achegar os relatos.
Proxecto
Este é un proxecto de recuperación da memoria que pretende divulgar e poñer en valor as testemuñas das mulleres traballadoras do mar, gardar os seus relatos, que achegan fontes de información sólidas para configurar a nosa historia. Coñecendo a vida das mulleres do mar a través dos seus oficios, poñendo de manifesto o papel estratéxico da muller no proceso extractivo, transformador e comercializador dos produtos do mar, resaltando a súa aportación e recoñecendo o seu esforzo, que a configuran como un piar esencial dentro da comunidade mariñeira.
Dende as áreas de cultura e turismo do Concello de Muros, coa colaboración do Xacobeo 2021, estamos a traballar sobre o tema “A Muller, os Oficios do Mar e a súa repercusión no Camiño”, sumándose a esta recompilación de información A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS A OSTREIRA DE ABELLEIRA, que da man do seu presidente nos sorprende cun Oficio, duro e moi pouco coñecido, o das CARGADORAS, que foron protagonistas nunha época desta parroquia de Muros, por ser as que traballaban no serradoiro de Surribos, súmase así mesmo A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS OS HÓRREOS. Agardamos poder contar coa colaboración de moitas máis persoas e entidades e construír entre todas un arquivo de relatos vivos e inesquecibles.